O concerto de “Miguel Costas & Ariza” que estaba previsto para o vindeiro 8 de marzo na sala Tebras, foi suspendido por mor dun problema de saúde de Miguel Costas.
Onte pola tarde e dende a axencia do artista, enviaron un comunicado lamentando a cancelación deste concerto (e outros dous que tiña previstos os días 1 e 4 de marzo en Valladolid e Redondela respectivamente) por motivos de saúde e que levaron a Miguel ao hospital e manter repouso absoluto para a súa recuperación.
Asemade informan de que en breve comunicaran unha nova data.