Este venres á tarde os Codex Cinema estrean os filmes “Nosoutros” e “A miña única familia”.
“NOSOUTROS” . Dirixida por Helena Taberna e protagonizada pola actriz galega María Vázquez e Pablo Molinero, conta a historia dunha parella coas súas luces e sombras ao longo dunha década.
Sinopse: Ángela e Antonio son unha parella que, como tantas, namorou, ilusionouse, tivo fillos, esforzouse para non renderse e tivo altibaixos. Foron distanciándose e convertéronse en case uns descoñecidos. Onde se torceu todo?, Como rematamos así? Nunha viaxe polas luces e sombras da súa relación, Ángela e Antonio loitan contra a precariedade, as interferencias do desexo ou a idealización do amor.
A outra estrea da semana é “A MIÑA ÚNICA FAMILIA”, Unha película moi coherente que empeza como unha comedia pero que se vai convertendo nun melodrama descorazonador, nunha dolorosa mirada a desesperanza nunha brillante actuación da actriz Marianne Jean –Baptiste.
Sinopse: para Pansy a vida é unha loita constante. Chea de dor física e mental, a súa maneira de relacionarse co mundo é a través do enfado e a confrontación: discute coa súa familia, co médico, coa caixeira do supermercado… O seu cónxuxe , Curtley, xa non sabe como tratala, mentres o fillo, Moses, apenas fala e dedícase a camiñar sen rumbo pola cidade. Só a súa irmá Chantelle a comprende e pode axudala.