O accidente ocorreu uns dez minutos antes das 22:30 horas da noite de onte, momento no un particular alertou ao 112 Galicia dun atropelo na rúa de Diego Pazos.
Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso rapidamente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Garda Civil.
As urxencias sanitarias mobilizaron unha ambulancia para trasladar á vítima, quen acabaría perdendo a vida sen que nada se puidese facer.