O TSXG ratifica a condena de cinco anos de prisión imposta a un pai por abusar sexualmente da súa filla

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo na que condenou a cinco anos de prisión a un pai por abusar sexualmente, de forma continuada, da súa filla menor de dezaseis anos.

Os feitos, segundo consta acreditado na sentenza, sucederon entre 2018 e 2021, cando a vítima e a súa irmá acudían ao domicilio do acusado para cumprir o réxime de visitas establecido tras a separación dos seus proxenitores. Os maxistrados do alto tribunal galego indican na resolución que o fallo da Audiencia Provincial se basea na credibilidade do testemuño da vítima. Así, destacan que “a valiosa información facilitada pola menor non está comprometida na súa fiabilidade no que son aspectos esenciais”, á vez que recalcan que “a súa enerxía reconstrutiva é total pola forma da expresión e a compatibilidade co contexto e as declaracións da súa nai, sen que se identifique algunha tacha que neutralice a verosimilitude do que refire”. A Sala, polo tanto, rexeitou o recurso de apelación presentado polo condenado. A sentenza non é firme, pois é recorrible en casación ante o Tribunal Supremo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com