O traballador afectado solicitou ata en tres ocasións ao Concello de Lugo a adaptación da súa xornada laboral por canto ten ao seu cargo a un menor de 12 anos.
O devandito dereito foi denegado polo Concello en todas e cada unha das ocasións alegando necesidades do servizo, non iniciando o preceptivo proceso negociador.
Ante esta reiterada negativa o traballador presentou demanda nos Xulgados do Social de Lugo en reclamación do dereito vulnerado. Na sentenza desestimase a demanda argumentando que tal proceso negociador non foi vulnerado, considerando correcta a decisión do Concello, non entendendo vulnerado dereito algún.
Dita sentenza foi recorrida ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.