Placa para o profesor Santiago Rodríguez López en Paradela

Hoxe celebrouse na igrexa de Paradela, o cabodano de Santiago Rodríguez López, Fillo adoptivo do Concello. Con este motivo colocouse unha placa na súa memoria no Panteón de Paradelenses Ilustres, no que repousan os seus restos  xunto aos de seu pai, o escritor Manuel Rodríguez López, fillo predilecto de Paradela. Santiago Rodríguez era un destacado profesor no Reino Unido.

Licenciouse en Bioloxía pola Universidade ded Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, foi Doutor en Xenética coa cualificación de Sobresaliente “cum laude”. A posteriori obtivo unha bolsa  Marie Curie da Comunidade Europea na Universidade de Southampton onde ampliou estudos e dende  o 2006 profesor titular de Xenética de Poboacións e Xenética Molecular na Facultade de Medicina da Universidade de Bristol, e director dun grupo de investigación desta universidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com