Presentación do novo libro de José Manuel Espiño Meilán

Mañá martes, día 18, ás 19,00 h., no patio central de O Vello Cárcere, vaise presentar o libro “El arte de caminar y el placer de sentir“, do lucense residente nas Illas Canarias, José Manuel Espiño Meilán.

O autor estudou Maxisterio en Lugo, especializándose – entre outras materias – en Ciencias da Natureza. Profesor en Las Palmas desde 1977, con decidida vocación naturalista, foi pioneiro nas Illas Canarias en conxugar educación e natureza, e convertiuse en especial divulgador da riqueza natural das Illas tanto no ámbito educativo como a través de conferencias, xornadas ou tertulias, espallando entre os canarios as riquezas naturais daquel arquipiélago.

Toda a súa obra esta centrada, baseada, na natureza, historia, lendas e vida das Canarias, e tamén de Galicia, coa que segue plenamente conectado e onde pasa longas tempadas cada ano.

Creou o colectivo naturalista “Turcón”, do que é presidente de honra,  co que fixo numerosas publicacións, viaxes, investigacións, estudos, acampadas, repoboacións, limpeza e acciòns reivindicativaas e defensivas do medio natural.

A obra que presenta este martes no Vello Cárcere, é “El arte de caminar y el placer de sentir“, na que efectúa un paseo polo litoral de Telde, facendo vivir ao lector unha aventura inesquecible mergullado na natureza viva deste territorio grancanario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com