Os socialistas provinciais defenderán no pleno dez medidas para frenar a crise leiteira

O Grupo Provincial Socialista levará ao Pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción con 10 medidas concretas, que recollen as reivindicacións da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, “para a súa inmediata posta en marcha por parte da Xunta e o Goberno Central, tal e como esixirán os socialistas na sesión plenaria provincial”.

Recollen entre outros puntos esixirlle ao Presidente da Xunta de Galicia, que lidere as xestións necesarias ante o Goberno Central para poñer fin á crise, e á Xunta de Galicia que habilite os instrumentos lexislativos e operativos para garantir a recollida de leite nas explotacións galegas a un prezo que garanta a viabilidade das explotacións,.

Os socialistas piden asemade, un plan específico para a valoración real e colocación de excedentes da industria láctea a través de medidas como as compras públicas de intervención deses excedentes, almacenamento privado e entrega a terceiros países.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com