Este venres os Codex Cinema estrean o documental “Salvaxe, Salvaxe” nun pase único ás 20:15h e contarán coa presencia do director Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro que farán unha presentación e ao remate da proxección haberá un breve coloquio.
“SALVAXE, SALVAXE”, un documental dirixido por Emilio Fonseca e producida pola lucense Xiana do Teixeiro, que recolle o patrimonio natural e arquitectónico galego, temas medioambientais e unha forma sensorial que invita a pensar e a conservar todo o que temos.
Sinopse: Cheiras algo? a cámara adentrase nos montes galego-portugueses rastrexando imaxes e ausencias do lobo ibérico. Este ensaio fílmico atravesa unha historia relacional cargada de sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes simulacro do natural salvaxe. Xorde un antidocumental de natureza: lobos que miran a cámara aterrorizados e humanos que ouvean. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.