A Deputación de Lugo fai entrega de 89 hortos urbanos no Paseo do Rato

Hoxe tivo lugar a entrega dos 89 hortos urbanos situados no Paseo do Río Rato. Deste total, 39 son renovas para antigos usuarios e usuarias cuxa concesión estaba a piques de finalizar, e 50 hortos foron asignados a novos beneficiarios.

Estes espazos concedidos por un período de dous anos, contan cunha dimensión de 30 metros cadrados cada un e forman parte das 140 parcelas que a Deputación de Lugo ten ocupadas na contorna deste paseo urbano da cidade de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com