Reixtro Civil

A Xustiza condena por segunda vez a Froiz Supermercados por sancionar a unha delegada de CCOO

Tras a sentenza do pasado mes de setembro, na que o Xulgado do Social n.º 1 de Lugo condenaba a empresa Froiz Supermercados por sancionar indebidamente unha delegada da Federación de Servizos de CCOO e presidenta do comité de empresa en Lugo, os xulgados volven dar a razón a CCOO e condenan novamente a empresa por prácticas antisindicais contra outra delegada de CCOO, tamén sancionada polos mesmos motivos.

A nova sentenza obriga a empresa a anular a sanción, aboarlle os salarios deixados de percibir e indemnizala por danos morais, xa que quedou probado en sede xudicial que a sanción foi unha represalia polas funcións sindicais exercidas pola traballadora no contexto do conflito derivado da negociación do Convenio Colectivo Provincial de Alimentación.

A Federación de Servizos de CCOO en Galicia agarda que, con estas dúas sentenzas na man, Froiz recapacite e poña fin a estas prácticas antisindicais, que castigan o exercicio da defensa dos dereitos e intereses do persoal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com