Un incendio calcina unha granxa de pavos no Corgo

Ás 22:20 horas, un particular explicou ao 112 Galicia que ardían as instalacións dunha granxa de pavos situada en Campelo (O Corgo). Pouco despois, eran os propietarios da nave os que contactaron e confirmaron que non había persoas feridas, nin tampouco había animais no interior, xa que foran trasladados esa mesma tarde.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediuse a intervención dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil, que contaron coa colaboración dos efectivos do distrito forestal da zona e dos Bombeiros de Lugo durante as tarefas de extinción.

Os servizos de emerxencias traballaron durante varias horas para apagar as lapas, o que conseguiron pasadas as 1:15 horas, mentres que a carón da nave na que se orixinou o lume había outra que non resultou afectada.

O incendio calcinou as instalacións, duns 50 metros de longo, case por completo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com