O Concello ve “intolerable” que a Conselleira de Sanidade poña en dúbida a continuidade do sistema sanitario

O edil de Concello e Cidadanía, Juan Carlos González Santín, delegación que engloba a área de sanidade, subliñou este venres que as declaracións da Conselleira Rocío Mosquera, nas que afirmou que o actual sistema sanitario é imposible de asumir debido á falta de alfabetización en saúde dos cidadáns, “son totalmente intolerables”.

A Concelleira “culpa do mal funcionamento da sanidade aos doentes, e non se dá conta de que a responsabilidade é dela, que é a que ten que xestionar este servizo público fundamental”.  En Lugo “estamos acostumados a isto; xa sabemos como trata aos lucenses a conselleira, negándonos a Hemodinámica 24 horas, aquí temos que infartar en horario de oficina, e presentándonos como un privilexio que os lucenses teñamos algo tan necesario como Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA, prestacións que espero estean en funcionamento canto antes”, asegurou Santín.

Para o concelleiro, “o Partido Popular ten que deixar de tratarnos aos cidadáns como menores de idade. Non somos menores de idade e sabemos utilizar os servizos sanitarios, pero para saber utilizalos hai que telos e que sexan de calidade, cousa que hoxe os lucenses e os galegos non temos”. “Cada día, a Conselleira está a facer máis  méritos para dimitir ou ser destituída”, recalcou Santín.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com