Variada programación cultural para celebrar o día do Libro

A Xunta de Galicia celebra hoxe na Biblioteca Provincial de Lugo o Día do Libro,  cunha variada programación cultural para todos os públicos, de acceso libre e gratuíto, que se desenvolverá ata final de mes. Inclúe unha mesa redonda sobre a figura da Marquesa de Parabere, experta en gastronomía e autora de famosos receitarios na primeira metade do pasado século. Celebrarase o luns 28 ás 20.00 horas no salón de actos do centro, e contará ademais coa intervención do escritor lucense Francisco Narla e o chef Luis Veira, do establecemento Árbore da Veira (A Coruña), distinguido cunha estrela Michelín.

Este mércores, a artista colombiana Carolina Rueda presenta “Gentes, caminos y sucesos” a partir das 20.00 horas no salón de actos. No mesmo auditorio e á mesma hora, os lectores teñen unha cita o venres 25 coa escritora Ivet Núñez, e o mércores 30 con Francisco Narla. Ambos manterán un diálogo co público asistente para explicar aspectos das súas respectivas obras e métodos creativos.

Igualmente, o venres 25 ás 18.00 horas Bea Campos ofrece ao público infantil “Garavanciño”, unha proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun dos contos clásicos da literatura.

Por último, durante todo o mes de abril permanece na planta da entrada unha mostra bibliográfica que reúne títulos que xiran arredor dos libros na súa versión máis ampla, desde biografías de escritores e ensaios ata películas ou novelas sobre librarías e libreiros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com