O Restaurante Tosar e Valinlibros uniron forzas para decorar este veterano local de referencia na hostalería lucense. José Manuel Valín propúxolle a José Luís Pardo facer unha decoración moi relacionada co seu mundo, co mundo dos libros, e que mellor, para este fin, que un exemplar de La cocina práctica (El picadillo), da edición especial de 333 exemplares publicados por Boreal, acompañado de 12 serigrafías de pintores galegos, material que estará exposto permanentemente no recinto.
O libro citado mostrarase nunha vitrina no interior do recinto. Conta con 48 excelentes debuxos realizados por Alfonso Abelenda, Ayaso, Pedro Bueno, Santiago Caneda, Alfonso Costa, Dorda, Ana Karina, Carmen Martín, Celerina Mirelis, Isabel Pintado, Quintana Martelo, Gosia Trebacz e Luisa Valdés, xunto coas maiúsculas realizadas por Alfonso Abelenda e Carmen Martín. pasado.
Nas paredes do restaurante móstranse 12 serigrafías orixinais en cor, asinadas por Alfonso Abelenda, Ayaso, Pedro Bueno, Santiago Caneda, Alfonso Costa, Dorda, Ana Karina, Carmen Martín, Isabel Pintado, Quintana Martelo, Gosia Trebacz e Luisa Valdés.
É de destacar que na edición especial de 333 exemplares de La cocina práctica editados por Boreal participaron as seguintes persoas e institucións: Manuel María Puga y Parga,“Picadillo”; Emilia Pardo Bazán (prólogo) e José Pan de Soraluce (epílogo); Fausto Galdo e Guillerme Escrigas (introdución); Deputación da Coruña, o Mosteiro de Poio e un equipo altamente especializado.