A cidade de Lugo sumouse onte á celebración do 25 de abril, Día da Revolução dos cravos, onde os presentes cantaron a canción do Zeca Afonso, Grândola, Vila Morena. Todas as persoas que participaron recibiron como agasallo un caravel e unha copia da letra da canción, co obxectivo de favorecer a participación activa de todas as persoas asistentes.
A revolución do 25 de abril de 1974, votou a andar cando ás 00 horas e 20 minutos, na emisora radio Renascença comezou a emitirse esta canción, que estaba prohibida polo goberno fascista portugués e que confirmaba o inicio do golpe que levaría aos militares revolucionarios ao poder para instaurar un réxime democrático.