O adianto a mediados deste ano da reforma de IRPF inicialmente prevista para 2016 permitirá unha inxección de renda de 360 millóns de euros adicionais este ano para os 1.278.500 declarantes galegos. Isto implica que cada un deles recuperará este ano unha media de 282 euros, segundo os novos datos o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas elaborados tras o adianto fiscal que acaba de entrar en vigor.
Dende o mes de xullo, a rebaixa de impostos supón unha inxección mensual de, polo menos, 30 millóns de euros na comunidade galega. En 2016, o impacto da segunda fase da reforma respecto ao ano anterior será de 84 millóns de euros adicionais, o que supón devolver ao peto dos galegos 65 euros de media por declarante. Polo tanto, sumados os dous anos, a reforma do IRPF supón unha inxección en de 444 millóns de euros para os contribuíntes galegos, recuperando cada un deles unha media de 347 euros.
Nomeadamente, en Lugo no 2015 a reforma do IRPF supón unha inxección de 37 millóns de € para os seus 165.823 declarantes, recuperando 227 € de media por declarante. Polo tanto, dende xullo, a rebaixa de impostos supón unha inxección mensual de, polo menos, 3 millóns de € en Lugo. En 2016, o impacto da segunda fase da reforma respecto ao ano anterior será de 9 millóns adicionais, o que supón recuperar 51 € de media por declarante.