O BNG-Asambleas Abertas denuncia o estado de abandono dos Lagos de Teixeiro

O BNG – Asembleas Abertas solicitará, a través do Concello de Lugo, que se acometa a limpeza e mantemento da área recreativa dos Lagos de Teixeiro. Arroxo lembrou que “tanto o concello como a Xunta son os responsables da limpeza e mantemento desta zona que debe recuperarse como o lugar de lecer privilexiado que é”. Rubén Arroxo visitou esta área recreativa e sinalou “o mal estado no que se atopa”.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas referiuse á falta de limpeza e á necesidade de cortar a maleza “que invade todo o espazo e sinalou que para que a xente poida usar esta zona de ocio ten que estar nunhas mínimas condicións de uso”. Arroxo denunciou a presenza de lixo de todo tipo e de restos que non foron retirados dende fai moito tempo.

Arroxo tamén sinalou que “compre que se mellore o estado das pistas de acceso e da contorna” e lembrou que “esta zona xa foi utilizada para a práctica deportiva no seu momento e debemos de recuperala para este fin”. Arroxo sinalou que a zona dos Lagos de Teixeiro é un lugar privilexiado para a práctica deportiva.

“Ademais é necesario facer operacións de mantemento e limpeza nas balsas de auga que son o eixo central do espazo. Neste momento varias destas balsas de auga teñen filtracións e atópanse cheas de area acumulada que reduce considerablemente o volume de auga contido e polo tanto supón un deterioro da flora e da fauna que nelas habita”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com