Varios particulares auxilian en Barreiros a un bañista

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte ao Hospital de Burela a un bañista que se atopaba en apuros mentres se bañaba na praia de San Bartolo, en Barreiros.

A esposa do bañista foi quen chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicando que o seu home estaba na auga e que o levaba a corrente. Tras o aviso da muller, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou ao servizo de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo explicou un dos alertantes ao 112 Galicia, a persoa puido ser rescatada por particulares que se atopaban na praia. Os efectivos de Protección Civil de Barreiros e a Garda Civil tamén foron informados do suceso que tivo lugar sobre as 21:30 horas de onte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com