Segundo puido saber Xornal de Lugo, o ex alcalde Xosé López Orozco e o ex edil José Ramón Gómez Besteiro no declararán diante da xuíz Pilar de Lara tal e como estaba previsto, mañá venres, polo caso de O Garañón.
Hai escasos minutos persoal do xulgado púñase en contacto cos dous para comunicarlles que se pospoñía a declaración que ían facer os dou ex edís, logo de que onte o fixera o promotor da obra de O Garañón, Ricardo Iglesias Paredes.