Remata o precintado dos 63 parquímetros da ORA

A Policía Local coordinou e levou a cabo a primeira hora deste xoves o precintado dos 63 parquímetros do servizo público de regulación de aparcamentos, a ORA, existentes na cidade, uns traballos que concluíron sobre as 11.30 horas. Deste xeito, queda anulada a actividade das máquinas expendedoras de tíckets, unha vez que a Xunta de Goberno aprobou onte a suspensión temporal do servizo ata que se elabore unha ordenanza de estacionamentos actualizada e se adxudique o novo contrato, previsiblemente no primeiro trimestre do 2016.

As persoas con Tarxeta Cidadá que teñen saldo no moedeiro de servizos para o pago da ORA, poden facer o traspaso ao moedeiro de transportes dende o mesmo caixeiro. As persoas que só usan o moedeiro de servizos, poderán recuperar o saldo, para o que deberán dar de baixa a tarxeta. O Concello está estudando o sistema para realizar a devolución do importe ingresado, igual que no caso das persoas que teñen tarxeta de residente. O Servizo de Información Municipal 010 atenderá calquera dúbida dos cidadáns ao respecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com