A Deputación continúa co procedemento de alleamento da granxa Gayoso Castro

A presidenta da Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Provincial, entre os que destacou a continuidade do proceso de alleamento da Granxa Gayoso Castro.

Candia explicou que esta é unha granxa que “xera déficit, e que ademais susténtase con fondos públicos achegados polo ente provincial na anterior lexislatura, polo que coa grave crise que sofre o sector lácteo nestes intres, incorre en competencia desleal co resto dos gandeiros que non reciben axudas públicas”.

Pola súa banda, o Grupo Provincial Socialista logo de coñecer esta decisión adopatada polo goberno provincial explicou que nas instalación da granxa Gayoso Castro é onde os alumnos de Veterinaria da USC realizan prácticas únicas co leite, como son as de enfermidades infecciosas e as de produción animal.

“Trátanse de prácticas que só se poden levar a cabo en instalacións públicas, como son as da Granxa Gayoso Castro da Deputación, pois facelas en explotacións privadas poderían supor perdas económicas pola produción de leite, así como riscos en termos de sanidade animal, que non se poden permitir os gandeiros nas súas propias explotacións ou cooperativas”, afirmaron os socialistas.

Doutra banda, Candia anunciou a posta en marcha de dous convenios de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela por un importe de 50.800 euros. Tamén solicitouse unha nova achega dos fondos europeos FEDER de 1.5 millóns de euros para inxectalos no programa INNOVA-TE.

Asemade, a presidenta anunciou o cambio de formato dos decretos da institución, “onde ate o de agora aparecían as facturas encriptadas, e que a partires de agora poderanse ler con total claridade”.

Candia falou tamén do rexistro onte na sede do Club de Baloncesto Breogán por orde da xuíza Pilar de Lara, e da fundación Balogal. “Dende a Deputación amosamos a nosa total colaboración coa xustiza. O noso desexo é que non atopen ningunha irregularidade e que este club non se vexa afectado no seu funcionamento nin na súa imaxe”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com