O xogador do Club Deportivo Lugo, Abel Molinero, compareceu hoxe ante os medios de comunicación logo de completar unha grande actuación no choque disputado onte, no que conseguiu o único tanto anotado polo equipo ante a Selección AFE. Este gol reforza a confianza dun xogador que valora con seguridade a dinámica que o equipo está a adquirir, tanto a nivel de xogo, como de resultados.
Preguntado polo salto de categoría, Molinero apunta á intensidade que Milla quere imprimir nos seus xogadores como punto de partida para unha preparación acorde co alto nivel dos contrincantes que o CD Lugo terá diante na presente tempada, un camiño que arrancará no duelo fronte ao Real Oviedo.
“O míster ten moi claros os conceptos que quere traballar e mellorar, creo que o grupo o está asimilando con rapidez. A evolución é boa. Estámonos a coñecer todos, as ideas están claras no xogo. Pouco a pouco automatizamos todo e encontrámonos máis cómodos”, subliñou Molinero.