Dous accidentes múltiples deixan catro persoas feridas en Baiona e Foz

Catro persoas resultaron feridas en senllos accidentes ocorridos en Baiona e Foz. O de Baiona tivo lugar sobre as 02:30 horas desta madrugada, e dúas personas resultaron feridas. Segundo informou a Policía Local ao CAE 112 Galicia tratouse dunha colisión por alcance na que se viron implicados tres turismos que circulaban pola Avenida de Monterreal, á saída de Baiona. O 112 Galicia tras recibir a alerta dun particular ademais de avisar aos axentes da Policía Local, informou ao GES de Val Miñor e a Protección Civil e os mesmos axentes alertaron a Urxencias Médicas.
Doutra banda, sobre as 20:00 horas da tarde de onte, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente múltiple. Neste caso, tratouse dunha colisión entre catro vehículos que circulaban  pola estrada que une Foz e Barreiros, á altura da localidade lucense de Foz. Tamén un particular alertaba ao CAE 112 Galicia do suceso. De contado, pasouse aviso a Urxencias Médicas e  pediuse a intervención da Garda Civil de Tráfico, do GES de Cervo e de Protección Civil de Foz. Finalmente, segundo indicaron os servizos sanitarios, dúas mulleres tiveron que ser trasladadas ata o Hospital de Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com