Ángel Dealbert, nova incorporación do CD Lugo

No día de hoxe, o Club Deportivo Lugo e o xogador Ángel Dealbert, acordaron a incorporación do futbolista á disciplina do club. Ángel Dealbert Ibáñez, (Benlloch, Castelló, 1 de xaneiro de 1983), ocupa a posición de defensa central, e atesoura grande experiencia na súa traxectoria ao máis alto nivel.

Formado na canteira do CD Castelló, consolidouse no equipoblanquinegro como indiscutible na súa etapa en Segunda División, considerado como un dos mellores defensores da categoría, ata o seu salto á Valencia CF. O novo xogador do CD Lugo defendeu o escudo do conxunto valencianista durante varias tempadas, nas que, ademais de disputar a Primeira División (Liga BBVA), competiu en Liga de Campións e UEFA Europa League, desenvolvendo o seu percorrido polo máis alto nivel futbolístico continental.

Logo da súa etapa en España, continuou a súa carreira no Kubán Krasnodar ruso, disputando a Liga Premier, primeira categoría nacional, e UEFA Europa League. O seu último destino foi o BaniyasSC de Emiratos Árabes. Un novo efectivo con desenvolvemento en competicións de primeira orde que será presentada no Estadio Ángel Carro, o próximo mércores 5 de Agosto ás 13 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com