O Concello aprobará mañá mércores na Xunta de Goberno, incorporar ao Plan Estratéxico de Subvencións unha axuda por valor de 130.000 euros á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) para a redacción do proxecto técnico das obras de reforma que a entidade acometerá no antigo Hospital San José co fin de centralizar neste inmoble o labor que vén desenvolvendo actualmente en dous edificios no polígono da Louzaneta e na Rampa Claudio López.
A proposta á que o Goberno local dará mañá luz verde, ten lugar despois da modificación do Orzamento municipal aprobada en maio para poder contemplar a devandita partida de 130.000 euros, procedentes dos remanentes acadados executivo local.
Esta nova axuda a ASPNAIS engádese aos preto de 1,9 millóns de euros que o Concello concede neste 2015 ao tecido asociativo de Lugo a través do Plan Estratéxico de Subvencións, dentro da aposta do goberno municipal por “fomentar a participación e a dinamización das entidades sociais, culturais e deportivas”. En concreto, a nova achega económica incorpórase ao investimento en materia de servizos sociais, que inicialmente era de 529.500 euros, e agora pasa a 659.500.
A materialización da axuda a ASPNAIS prodúcese despois dunha recente visita da Alcaldesa, Lara Méndez, ás instalacións da entidade durante a que renovou o compromiso e o apoio do Concello “ao gran labor deste colectivo, que excede das murallas da cidade”.
Dec 23, 2015 - 05:44 PM
Me gustarìa ver como el gobierno de mi
ciudad natal, Lugo un cambio respecto al
pueblo gitano, todavia lo tienen marginado.
Por esto me gustarìa salir de esta
situaciòn y verme desembuelto y verme
servible. Por esto y muchisimo màs me
alegraria concedieran un puesto de trabajo.
Gracias por atender a este gitano trabajador
y ansiando una respuesta le deseo mejor y
Feliz Año. Gracias.