A presidenta da Deputación, Elena Candia, visitou esta mañá Portomarín durante a recepción aos participantes da Ruta Quetzal.
Candia puxo en valor a importancia que esta iniciativa ten tanto a nivel cultural, como educativo. Ademais agradeceu que os expedicionarios visitasen Lugo e quixesen coñecer os atractivos turísticos que ofrece. Deste xeito, a presidenta da institución tamén animou aos aventureiros a visitar outros puntos da provincia.