O Concello de Lugo informa de que a rúa Becerreá permanecerá cortada ao tráfico o vindeiro sábado, 8 de agosto, para a instalación dunha plataforma elevadora frente ao inmoble nº 9.
O corte será efectivo dende as 08:00 ás 20:00 horas. Permitirase o acceso a residentes pola rúa Luis Seoane, garantizando en todo momento a súa seguridade mediante sinalización de forma permanente durante o intervalo de tempo que duren os traballos.