A Garda Civil montou esta tarde na autovía A-6 con un espectacular despregue no límite de provincias entre A Coruña e Lugo. O control provocou un embude para filtrar todo o tráfico, o que provocou grandes retencións ao longo da tarde. Os efectivos da Garda Civil provistos de armas, a unha e a outra beira en sentido a Lugo observaban con detemento cada automóbil, camión ou furgoneta que pasaba á altura do control. Nestes intres non sabemos cal foi o motivo polo que se montou este operativo.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.