O Concello de Lugo informa de que a rúa Río Ladra permanecerá cortada ao tráfico o sábado e domingo, 22 e 23 de agosto, para a instalación dunha máquina elevadora fronte ao inmoble nº 2, que procederá á tala dunha árbore sita nas inmediacións.
O corte será efectivo dende as 09:00 ás 21:00 horas. Permitirase o acceso a residentes e comercios dende a rúa Túnel de Oural, que se habilitará temporalmente en dobre sentido de circulación. Non en van, esta rúa non estará aberta ao tráfico para o resto de usuarios.