Lugonovo afirma que as obras do mercado estanse a facer de costas aos comerciantes

O Grupo Municipal Lugonovo quere trasladar o malestar dos comerciantes da Praza de Abastos de Lugo, que aseguran non ter recibido ningunha explicación por parte do Concello, sobre cal será a súa situación durante a acometida da segunda fase de modernización do recinto.

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, mantivo un encontro cos empresarios afectados que lle trasladaron as súas queixas “polo escurantismo co que está a traballar o goberno municipal que non lles achegou ninguna información da reforma que se ía facer no edificio e, segundo, porque neste proceder só se contempla que os comerciantes teñan que pechar os seus establecementos durante os días que duren as obras, e que superan o mes, xusto coincidindo co San Froilán e a festividade de Defuntos, a mellor época de ventas do ano para eles”.

“Sorpréndenos que se aproben deste xeito, sobre todo, sen ter en conta as opinións e as necesidades dos comerciantes da Praza, que son os máximos coñecedores das carencias que ten o edificio e serán tamén os primeiros afectados pola súa remodelación. Non nos parece de recibo que non se lles comunique, antes de nada, aos empresarios a situación na que quedarán e cal vai a ser a alternativa que lles den ao peche”.

Santiago Fernández Rocha afirma que bota en falta “unha maior sensibilidade do equipo de goberno co que considera un motor estratéxico de Lugo, que debería ser coidado e mimado, non só como un punto importante de negocio da nosa cidade senón tamén como unha tradición viva da nosa cultura e da nosa riqueza gastronómica e popular”.

A formación apremia á concelleira de Economía, Ana Prieto, “a que se reúna o antes posible cos comerciantes para darlles cumprida información sobre a remodelación do inmoble e para acadar o compromiso de garantirlles a actividade dos seus establecementos durante o tempo que duren as obras”, concluíu Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com