Barreiro visita a asociación PRODEME en Monforte de Lemos dentro da chamada Ruta Social dos populares

O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, visitou esta mañá as instalacións da Asociación para a protección das persoas con minusvalidez intelectual, PRODEME, en Monforte de Lemos (Lugo). No transcurso da visita, José Manuel Barreiro destacou o “importante labor social” de PRODEME.

“Dende o Partido Popular compartimos o seu obxectivo: conseguir unha mellor calidade de vida para as persoas con minusvalidez e as súas familias. Asociacións como esta son fundamentais para normalizar a vida das persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, por iso queremos escoitar as súas demandas, para dar unha resposta rápida e eficaz as súas necesidades e facilitar así a súa integración no ámbito familiar e social, e tamén na medida do posible, a súa inclusión no mundo laboral”, afirmou o Presidente dos populares.

A visita ás instalacións enmárcase dentro da Ruta Social establecida polo PP e que percorrerá todo o país co obxectivo “de escoitar aos máis desfavorecidos e coñecer de primeira man as súas necesidades para poder darlles respostas concretas”.

A Ruta Social vai estar presente cada semana na axenda de traballo do Partido Popular a nivel nacional, autonómico e local. Os seus eixes principais son: Sanidade, Asuntos Sociais, Agricultura, Medio, Economía, Relacións Internacionais e Participación Social.

O Voceiro do GPP no Senado explicou que “o Partido Popular aspira a liderar as reformas que necesita España. Por iso -dixo- emprendemos o cambio necesario achegándonos de novo á sociedade. Queremos escoitar as propostas de todos para favorecer o intercambio de ideas e resolver os problemas dos cidadáns. Para o PP o primeiro son as persoas”, concluíu Barreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com