A Plataforma Galicia Mellor sen Touradas pide ao Arcebispado de Santiago que actúe contra a corrida de touros no Camiño

A Plataforma Galicia, Mellor sen Touradas decidiu poñerse en contacto co Arcebispado de Santiago logo da divulgación dun vídeo nas redes sociais, no que diferentes peregrinos explican durante 12 minutos, a súa rexeita a organizar corridas de touros en localidades por onde transcorre o Camiño. Os abolicionistas sinalan que existe unha oposición xeneralizada, entre os camiñantes, a que Triacastela acolla un evento taurino e tal e como os propios peregrinos cuestionan “que se mesture un percorrido “espiritual” e de “compañerismo” cun espectáculo salvaxe e de maltrato animal”.

Mentres no municipio seguen medrando as voces críticas á continuidade da corrida de touros, convocouse unha protesta pola actitude da alcaldesa, que se negou a posibilidade de facer unha consulta veciñal, entre os 650 veciñas/os con dereito a voto, coartando así o dereito da cidadanía a decidir si  querían unha corrida de touros subvencionada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com