8.000 sinaturas contra a tourada en Triacastela

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas ven de informar sobre o estado da petición cidadá que, dende a plataforma Change.org, reclama a supresión do evento taurino que terá lugar este sábado na vila de Triacastela.

Dende a Plataforma declaran que “neste momento xa son máis de 8.000 as sinaturas que demandan a non realización deste festexo bárbaro que fomenta o maltrato aos animais como suposta forma de ocio e de atractivo turístico”. “A postura da inmensa maioría da cidadanía e dos propios peregrinos que pasan por Triacastela evidencia como a “cacicada” do equipo de goberno pode xerar máis situacións negativas para a economía local que potenciais beneficios”.

A plataforma abolicionista subliña “como os promotores do espectáculo taurino están a repartir convites para o sábado, o que demostra o medo real a que a actividade non cumpra coas expectativas de quen iniciou o traslado de Sarria a unha vila sen afección nin apoio social. 17 negocios da localidade amosaron o seu descontento e advertiron que podería supor un boicot turístico por parte dos camiñantes que rematan etapa en Triacastela”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Isabel aliño Roig
    Ago 20, 2015 - 10:13 PM

    Por una España libre de toros

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com