A manifestación convocada en defensa do sector lácteo que onte se celebrou en Vilalba contou co apoio masivo do Partido Socialista de Galicia. Encabezados polo líder e máximo dirixente, o Secretario Xeral José Ramón Gómez Besteiro, ao que acompañaban o voceiro provincial socialista e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde; o deputado socialista polo partido xudicial de Vilalba, Eduardo Vidal; o Alcalde de Pol e deputado provincial, Lino Rodriguez; os deputados/as: Pilar García Porto, Álvaro Santos Ramos, Pablo Rivera Capón; os alcalde de Meira, A Pastoriza e Trabada, así como outros cargos do partido, marcharon detrás dunha pancarta na que se expresaba o apoio dos alcaldes do PSdG- Psoe ás reivindicacións dos gandeiros galegos.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.