Lara Méndez eloxia “a loita exemplar” de Darío Rivas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres no Concello un encontro con Darío Rivas, un dos maiores expoñentes da defensa das vítimas do franquismo e das súas familias. A rexedora eloxiou “a loita exemplar e incansable” que durante toda a súa vida desenvolveu Rivas, o primeiro querelante en Arxentina contra os crimes franquistas, unha querela que en España non saíu adiante polo procesamento de Garzón. Fillo do Alcalde de Castro de Rei Severino Rivas, asasinado en 1936 polos falanxistas, recibiu esta mesma semana unha homenaxe en Portomarín.

Lara Méndez subliñou “A dignidade dun país pasa por restituír a dignidade das vítimas”, engadindo que “en ningún país de Europa houbo unha  transición sen restablecer a dignidade das vítimas, que, por sentido común, deben poder enterrar aos seus familiares, independente de quen sexan”. “Nunca chegará a haber un relato de país único, senón acadamos este obxectivo”, asegurou a Alcaldesa.

Méndez entregoulle como agasallo institucional a Darío Rivas un exemplar de Poetas de Lugo, unha recolleita de traducións obra do académico Darío Xohán Cabana, que contén unha escolma de máis de 50 autores que escribiron versos sobre a cidade, desde o século XIII ao XXI.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com