A Deputación concede 14.500 euros á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e a presidenta da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, Ángela María Lopes Barata, asinaron dous convenios, por valor de 14.500 euros, destinados a dous programas para atención integral de persoas afectadas por esclerose múltiple. Candia destacou a importancia de axilizar a sinatura destes convenios, o que favorece que as entidades poidan solicitar un adianto do 60% das axudas concedidas por dispoñer da liquidez que axude ao financiamento dos proxectos que teñen en marcha.

Candia agradeceu a labor que fai ALUCEM e outras entidades que traballan para dar cobertura a necesidades específicas dos diferentes colectivos sociais da provincia. A Presidenta lembrou que esta asociación lucense atende a máis de 80 persoas que padecen esta enfermidade ademais de apoiar as súas familias con servizos básicos para a súa atención integral como fisioterapia e atención psicosocial.

Esta axuda concédese logo de ver o informe de Benestar que considera que a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple reúne todos os requisitos necesarios para optar á subvención e vista a certificación do Servizo de Intervención, Secretaría Xeral, Contratación e Fiscalización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com