Lugonovo propón ao Concello a elección do cronista oficial

O portavoz do Grupo Municipal Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, tratará de promover o consenso entre todas as forzas municipais para que o Concello saque adiante as bases para a elección do Cronista Oficial.

Segundo manifestou Fernández Rocha “Lugo leva dúas décadas sen Cronista Oficial o que supón un déficit moi importante para a nosa historia local e que pode chegar a supor tamén certa perda de identidade. O vindeiro mes de outubro cumpriranse vinte anos do falecemento de Trapero Pardo i é unha vergonza que, dende aquela, o Concello non fora quén de poñerse de acordo para escoller un novo candidato”.

A proposta que achega Lugonovo é a búsqueda dunha metodoloxía obxectiva e sobre todo participativa, que relegue o criterio dos partidos e que de prioridade ás opinións dos lucenses, a través das asociacións ou entidades culturais que operan na cidade dende hai tempo. “Hai que pensar no ben común e no interese que ten para Lugo o papel que desempeña o Cronista. Esta figura representará co seu traballo a todas/os veciñas/os e, polo tanto, a súa elección ten que estar por riba de ideoloxías políticas”, subliñou.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com