O Psoe acusa ao goberno da Deputación de caciquismo por suspender os presupostos participativos

Nun comunicado feito público onte, o grupo provincial socialista denuncia que Candia retorna o caciquismo á Deputación de Lugo e lamenta que negue aos lucenses Presupostos Participativos no 2016, destruíndo un proxecto máis do Goberno de Gómez Besteiro, que foi pioneiro en España, así como un referente en prol da democracia e da transparencia na xestión pública.

Pola súa banda, o deputado provincial do Psoe, Álvaro Santos Ramos, remarcou que “Candia introduce de novo as políticas caciquís do Partido Popular no organismo provincial, rexeitando que sexan os lucenses os que decidan cales deben ser as prioridades do orzamento da Deputación para o vindeiro ano, quitando este dereito aos cidadáns para dárllelo de cheo aos políticos”.

“Son os veciños os que deben participar, directamente, na elaboración do orzamento da Deputación, os que teñen que trasladar ás administracións as necesidades dos seus respectivos Concellos, como mellores coñecedores das mesmas”, continuou  Santos, ademais dixo,  “Candia tenta camuflar a súa política caciquil cando os tres grupos políticos con representación na institución xa temos vías legais, perfectamente definidas e establecidas, para participar na elaboración das contas provincias”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com