Lugonovo non asistirá ao pregón das festas da Milagrosa

A concelleira do Grupo Municipal Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, declinou a invitación oficial feita pola comisión de festas do barrio da Milagrosa para asistir ao pregón que terá lugar o próximo venres, día catro de setembro, ás nove da noite e tralo cal, terá lugar o nomeamento das “raíñas” das festas.

Cristina Pérez declarou “Consideramos que este tipo de certames xa están desfasados e que non se corresponden co tipo de valores e ca educación que se lles deberan transmitir aos máis novos. Estes concursos, no que o único que prima é o aspecto físico só serven para arraigar determinados comportamentos sociais que estigmatizan aos sexos. Un neno ou unha nena, unha muller, etc, non son un obxecto e polo tanto, dende Lugonovo, non compartimos nin entendemos que nunhas festas de barrio, que deberan promocionar a convivencia entre os veciños e destacar as cualidades desa zona da cidade, se lles dé cabida aos certames de beleza que son superfluos, vexatorios e perpetúan o machismo”.

Lugonovo xa apelou ao Concello a crear un Código Ético que regule o financiamento público das festas locais para non subvencionar aquelas nas que se promovan actividades que poñan en entredito a dignidade das persoas, unha proposta que tamén foi rexistrada no Foro de Igualdade do Concello de Lugo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com