Lugonovo califica a comisión de festas de San Froilán de burla á democracia

A concelleira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, califica, nun comunicado emitido esta maña, de “tomadura de pelo” e de “burla á democracia” o proceder da responsable de Cultura, Carmen Basadre, ao contratar de forma unilateral e anunciar a través dos medios de comunicación as dez actuacións de bandas previstas para as festas do San Froilán, sen ter en conta ao resto dos Grupos Municipais.

Cristina Pérez manifestou que “non sabemos para qué sirve logo a Comisión Especial de festas que creou. Nin aceptaron as propostas do resto dos partidos, todo o que levaron ás anteriores xuntanzas xa estaba decidido polo seu equipo e aínda por riba enterámonos agora das contratacións feitas pola prensa antes da seguinte reunión”.

Pérez Hérraiz considera que o anuncio pon de manifesto cal é a consideración que ten o Concello co resto dos grupos da Corporación e recórdalle que os lucenses decidiron, cos seus votos, que queren que na toma de decisións municipais esté presente, tamén, o criterio do resto dos partidos.

“Quizáis compre recordarlle ao PSOE que, nestes momentos, está gobernando en minoría e que, polo menos, os edís de Lugonovo, non ímos ser a súa comparsa. Esta maneira de actuar o único que demostra é que non fixeron ningunha reflexión tralo resultado electoral, que seguen a perpetuar as mesmas dinámicas totalitarias da anterior executiva, que a imposición segue a ser o talante co que traballan e que esa vontade de diálogo que publicitan non é máis que unha farsa. Esixímoslle un cambio de actitude e sobre todo un compromiso real cos cidadáns de respetar a súa vontade e, polo tanto, a pluralidade coa que está conformada a Corporación Municipal”, subliñou a concelleira de Lugonovo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com