Crean un horto urbano no entorno da Casa da Xuventude grazas a un curso do concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro cos 10 rapaces e rapazas que están a traballar na creación dun horto urbano no contorno da Casa da Xuventude. Este curso realízase grazas ao curso teórico práctico sobre esta materia que arrancou o pasado luns  e que se estenderá  ata mediados de setembro. Trátase dun obradoiro organizado polo Concello no marco do programa +Xti de 60 horas de formación:  20 de teoría e 40 de práctica.

Durante a visita, Méndez sinalou que “o Concello pon en marcha esta iniciativa co obxectivo de potenciar as zonas verdes da cidade e impulsar os produtos autóctonos”. Neste senso, a rexedora destacou a importancia dos hortos urbanos, “unha oportunidade de socialización que ao mesmo tempo serve para manter vivos os métodos da agricultura tradicional e facer aínda máis verde a nosa cidade”. A rexedora avogou ademais por “traballar por un contorno sostible, no que a realidade urbana e rural vivan en harmonía”. Os participantes do curso de lecer saudable de horto urbano, dunha idade media de 20 anos, comezaron esta mañá coas primeiras plantacións de leituga, e ao  longo do curso cultivarán diversas especies de hortalizas. Ao remate, os alumnos obterán un diploma acreditativo da súa participación e aproveitamento e poderán recoller a colleita, que se presume será cara o Nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com