A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), Hipólito Trinidad, no que, tras este primeiro acercamento, se emprazaron a unha nova reunión de traballo que o colectivo solicitará a principios de setembro, e na que tomarán parte a Comisión Urbanística da APEC e técnicos municipais, ademais do Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, co obxectivo de escoitar as propostas da asociación e intercambiar posturas de cara á revisión das ordenanzas fiscais vinculadas á actividade construtora, que quedará recollida nos Orzamentos municipais do 2016.
En calquera caso, a rexedora confirmou xa hoxe ao presidente da APEC a intención do Goberno local de baixar a taxa por ocupación de vía pública para a instalación de andamios.