O GMPP denuncia que a nova reforma da Praza de Abastos estase a facer de xeito improvisado

A edil popular, Ana López Pombo, entende “a desconfianza dos comerciantes” que están indignados pola mala planificación da intervención xa que,  a estas alturas, descoñecen a onde e cando se irán dos seus postos. A concelleira cualificou de “tomadura de pelo e falta de respecto” a última xuntanza que mantivo o equipo de goberno cos praceiros. “Estar, a estas alturas, con tomas de contacto sen unha programación definida do traslado dos postos reflicte unha falta de ideas e de reflexos absoluta para solucionar cuestións do día a día”.

A concelleira popular reclamou ao goberno local fixar, na próxima semana, a data de comezo das obras da praza, o lugar onde resituar aos praceiros e como se indemnizará aos afectados en caso de que os traballos da intervención prevista neste edificio superen os 33 días.

Ana López indicou que “se o concello ten asegurada unha indemnización do construtor se se retrasa na execución da obra debería tamén garantir aos afectados unha compensación no caso de que superen os prazos anunciados”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com