Esta tarde faleceu en Vilalba –no lugar de A Lagoa, parroquia de San Simón da Costa-, unha muller tras recibir a patada dunha vaca, segundo confirmaron os técnicos de Urxencias Médicas. Un particular chamou ao 112 Galicia e solicitou asistencia sanitaria para unha muller que resultara ferida tras recibir varios golpes do animal. Unha vez no punto, o persoal médico só puido certificar o falecemento da muller.