Ante o peche das piscinas exteriores este 31 de agosto, o grupo municipal do BNG-Asambleas Abertas propón que se manteñan abertas mentres dure o bo tempo, “co fin de garantir que os nenos e nenas de Lugo teñan un sitio a onde acudir, un sitio de ocio, mentres non comecen o período escolar”.
Arroxo subliñou que a climatoloxía durante o mes de setembro aínda permite o uso destas instalacións e que “é necesario que se adapten os horarios e os tempos de apertura ás persoas”.
Os nacionalistas trasladáronlle esta iniciativa ao goberno municipal para que estude a posibilidade de manter aberta esta instalación mentres o bo tempo o permita e lembraron que “é a única instalación pública deste tipo que existe no Concello de Lugo”.