A Deputación achega 22.000 euros á asociación Cogami-Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo, José Luis Lolo, asinaron esta mañá un convenio de colaboración a través do que a administración achega á Cogami-Lugo unha subvención de 22.000 euros.

En concreto, a implicación da Deputación con Cogami-Lugo diríxese ao apoio e adestramento en habilidades sociolaborais de persoas con discapacidade na provincia, a traveso do financiamento dun obradoiro denominado ‘Taller prelaboral para persoas con discapacidade’, que servirá de ferramenta no traballo para a integración laboral deste colectivo.

Candia puxo en valor a labor social desta entidade, “que traballa día a día para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, mediante a prestación de servizos que cobren necesidades específicas dos seus usuarios; favorecendo asemade a dinamización e desenvolvemento poboacional e territorial”.

Candia insistiu en manter o compromiso do novo goberno cos colectivos sociais, e que tivo como primeiro paso o interese desta institución por coñecer as necesidades do terceiro sector na provincia e estudar as diferentes vías de apoio ás entidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com