A Plataforma en defensa do Sector Lácteo desmárcase dos manifestantes que quedarán na cidade ata mañá

Esta mañá e até as cinco da tarde, tivo lugar a tractorada na cidade de Lugo coa que os gandeiros do sector leiteiro reclamaban prezos xustos para a produción do leite. Acusan á industria de pagar o litro de leite actual a 27 céntimos, cando o estimado polo Ministerio de Agricultura para cubrir os custes de produción é de 34.

En torno ás once e media da mañá, as inmediacións do estadio Anxo Carro enchéronse de gandeiros de toda a provincia de Lugo, que esixían a traveso desta tractorada medidas concretas e a longo prazo, ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e máis a Ministra de Agricultura, Isabel Tejerina, aos que acusan de non loitar o suficiente diante da Unión Europea para solucionar un problema que implica de cheo a toda a economía española, ben de xeito directo como ocorre en Galicia, e máis concretamente na provincia de Lugo, esencialmente adicada ao agro, ou de forma indirecta cos miles de empregos que o sector xera.

A manifestación, que contou con mil cincocentos tractores segundo os organizadores, colapsou as principais rúas da cidade, no seu percorrido ate chegar ao edificio administrativo da Xunta onde permaneceron preto de cinco horas.

 Os sindicatos gandeiros organizadores, Sindicato Labrego Galego, FRUGA, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores, ademais dos líderes de numerosos partidos políticos galegos e asociacións, sumáronse á protesta. Ao remate da protesta, leron un manifesto esixindo un prezo xusto e digno para os produtores de leite.

Un grupo de participantes na manifestación decidiu continuar ca tractorada, aínda que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego declarou que esta decisión é totalmente allea á organización. Do mesmo xeito desmarcáronse dos incidentes provocados por gandeiros no polígono de O Ceao nas inmediacións dunha central leiteira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com