O PSOE esixe a Candia que explique aos gandeiros o porqué e os asuntos tratados na reunión do mércores na cidade de Lugo con Quintana, Carballo e Lence. Así o destacou hoxe o Deputado Provincial Socialista, Álvaro Santos Ramos, que critiou o feito de que Candia, Quintana e Carballo “si tivesen tempo para manter un encontro cun dos maiores representantes da industria láctea horas antes da tractorada en Lugo, concretamente durante a noite do mércores, e, sen embargo, non participasen na concentración na cidade luguesa, e segan sen atender aos gandeiros, que continúan concentrados na cidade”.
Santos Ramos salientou que “ante a ausencia da Conselleira hoxe en Lugo e ante a presenza de centos de gandeiros á espera de explicacións, esiximos a Candia que poña fin a este escurantismo e explique aos gandeiros o motivo desta reunión a catro bandas, así como aos asuntos tratados na mesma, como principal interesados. Hoxe Candia ten dúas oportunidades para posicionarse a carón dos gandeiros: unha informando desta reunión, e outra aprobando a declaración institucional en defensa do sector lácteo que onte presentamos os socalistas”.
“A Presidenta convocou para hoxe ás 13:00 horas a xunta de voceiros provincial para tratar a declaración institucional presentada polo PSOE e que recolle as 10 medidas que reivindican á Xunta e ao Goberno Central a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, que aglutina a gandeiros e sindicatos”.
Post Views: 0