ACE pedirá ao Consello de Contas a fiscalización do Concello e dos servizos municipais privatizados

Alternativa Cidadá de Esquerdas, a través do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerdas, presentará en comisión do Consello de Contas de Galicia a proposta dun informe dun informe específico para fiscalizar o Concello de Lugo ao completo, non só os orzamentos, con especial atención aos servizos municipais que foron privatizados nos últimos anos, como o guindastre, a recollida de basura, a ORA ou os servizos sociais.

Tal como explicou o voceiro de ACE, Carlos Portomeñe, “esta proposta entronca co compromiso que levamos no noso programa de realizar unha auditoría cidadá das contas do Concello. É prioritario obter información rigorosa e veraz sobre o estado das contas para poder garantir a mellor xestión posible dos recursos municipais”.

Doutra banda, ACE quere poñer de manifesto o seu descontento “co estado do local que lles foi asignado, no que a día de hoxe, no que se incorporou a persoa contratada como asesora de comunicación do grupo, todavía non contaba, entre outras cousas, co equipo informático necesario para desempeñar a súa labor”, polo que tanto o concelleiro Portomeñe como a nova responsable de prensa de ACE tiveron que levar os seus propios ordenadores portátiles para poder comezar a traballar.  ACE anunciou que se a súa situación precaria non se soluciona de inmediato, a semana que ven solicitará unha inspección de traballo.

“Cando en tres meses un equipo de goberno non é capaz de garantir as condicións mínimas requiridas polos novos traballadores da propia casa consistorial, que podemos agardar da súa xestión dunha cidade de máis de 100.000 habitantes”, puntualizou Portomeñe.

(Na imaxe, local municipal de ACE)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com